Barbantia presentará en Ribeira o libro que documenta a vida de Carmiña Sierra, a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos

19 Novembro 2023

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora e o Concello de Ribeira organizan esta semana vindeira unha nova presentación. En concreto, darán a coñecer o libro Carmiña Sierra, que fai un percorrido pola primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Ademais, no mesmo acto presentarase o número 189 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

A cita será o venres, 24 de novembro, ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas do Concello de Ribeira. Intervirán no acto, Celia García Pillado, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Mª Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia, Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, e Aurora Marco, autora do libro.

A saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia será o sábado 25 de novembro conxuntamente con La Voz de Galicia.

Ficha de Carmiña Sierra (por Alvarellos Editora)

Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida .

Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.

Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias, en afectos, e en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade, e abrangue todo o seu percurso vital, desde o nacemento até a morte. O libro enriquécese cun cento de imaxes e documentos históricos moi descoñecidos.

A autora do libro nunha presentación previa (imaxe de Alvarellos Editora)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...