As mostras de cociña do Nadal porán en valor o produto local da Pobra

24 Novembro 2023

A campaña Consigue Caramiñas, Comparte Nadal segue engrosándose con máis accións. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, anunciou este venres 24 de novembro que A Pobra do Caramiñal contará neste ano con mostras de cociña durante o mes de decembro.

En concreto, tres cociñeiros de prestixio da localidade serán os encargados de lles ensinaren ás persoas asistentes diferentes propostas gastronómicas para esta época.

A este respecto, a edil indicou que “na Pobra do Caramiñal temos moito orgullo polos grandes negocios que temos de restauración e, neses grandes cociñeiros, temos o que podemos considerar tres mestres da cociña.”

No venres 1, Luis Arijón, do Nojira, amosará petiscos sinxelos cunha serie de pratos orixinais e de rápida elaboración para non pasar todo o día na cociña nestas datas.

Kike Piñeiro, xunto con Eloy Cancela, do restaurante A Horta D’Obradoiro, asumirá no xoves 7 a tarefa de facer un menú con produto da proximidade e dar ideas innovadoras.

E a cociña de mercado chegará no venres 15 con Iago Pazos, de Abastos 2.0., cun obradoiro para sorprender convidados/as nun día de festa.

Todas estas mostras serán no mercado municipal, a partir das 19.00 horas. Existe un límite de 25 prazas por exhibición gastronómica, polo cal se require a inscrición previa no enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com ou no teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035 (en horario de 09.00 a 14.00 horas).

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.