
A Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro acolle este venres 1 de decembro a estrea na localidade de Soños, da compañía Artefeito. Será a partir das 21.00 horas. Trátase dunha representación teatral para público adulto e xuvenil.
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. En palabras de Culturactiva, “estamos ante un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social; unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario”.
E engádese: “Soños é unha xanela a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil”.
Ficha artística
Elenco: Anxo Outumuro, Victoria Pérez, Sara Ferro
Dirección: Tamara Canosa
Duración: 60
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Adulto
Texto: Fernando Epelde
Diseño de iluminación: Violeta Martínez
Escenografía: Títeres Alakran
Espacio sonoro: Jas Processor
Responsable técnico: Iván Rodríguez
Dramaturxía e dirección: Tamara Canosa



