Ambar presenta en Ribeira e nas redes sociais a súa nova campaña pola accesibilidade: “Abre Paso”

28 Novembro 2023

Na mañá deste martes 28 a asociación inclusiva Ambar deu a coñecer a súa campaña Abre Paso na praza da Porta do Sol de Ribeira. Trátase dunha iniciativa creada con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, este mesmo domingo 3 de decembro. A asociación da nosa comarca Ambar presentou esta acción en Ribeira pero tamén a través das súas redes socias coa finalidade de reivindicar a accesibilidade nos espazos públicos non só de Santa Uxía, senón de todas as cidades e vilas.

Angy Devesa, integrante de Elas, grupo de artes escénicas de Ambar; Milagros Rey, presidenta de Ambar e Manu Mimé, facilitador do obradoiro de arte da asociación, explicaron os motivos os cales lles levaron a deseñar esta campaña: “Hai máis de corenta anos que loitamos pola eliminación das barreiras arquitectónicas. Nós sempre dicimos que isto non é só un problema que se presenta para as persoas que van en cadeira, hai máis persoas ás que este tipo de barreiras lles pode complicar moito o feito de andar polas súas vilas. O que pretendemos a través disto é concienciar sobre a importancia que ten abrir paso eliminando atrancos de todo tipo”, afirmou Milagros Rey, presidenta de Ambar.

O obxectivo da campaña é acadar as máximas repercusión e participación cidadá. “Eu convido a todo o mundo a participar, é moi doado e trátase de pendurar unha foto ou vídeo nas redes sociais desas zonas sen accesibilidade que nos imos atopando pola rúa, poñer o cancelo #abrepaso, etiquetando a asociacion.ambar e poñer a localización onde se atopa esa zona”, explicou Manu Mimé, engadindo que coa información que se recolla grazas a todas as persoas que colaboren en Abre Paso, pretende realizarse un mapa no que se indiquen as zonas non accesíbeis e reclamar que todas as persoas, con independencia das súas características, podan circular libremente polas súas vilas e os seus pobos.

“Hai lugares nas que as beiras non teñen ramplas e iso obrígache a andar coa cadeira de rodas pola estrada… non é plan… pode vir un coche disparado e píllanos. Eu son da Pobra e moitas veces que vou coa miña familia á compra temos que ir pola estrada e rodeando as fochancas”, segundo comentou Angy Devesa mentres relataba a súa experiencia persoal en canto ás barreiras que se atopa no seu día a día.

Dende Ambar convidan a todas as persoas que queiran a unirse ao movemento a través das redes sociais. Para máis información pode consultarse o apartado Abre Paso da páxina web da asociación.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.