Ambar inaugura a mostra “Super Pop” no Auditorio de Rianxo

17 Novembro 2023

Este venres 17 de novembro celebrouse a inauguración, no Auditorio Municipal de Rianxo, da mostra Súper Pop, unha exposición organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional en colaboración co Concello de Rianxo. A exposición permanecerá instalada ata o 12 de decembro.

Súper Pop está composta por obras de María Eugenia Reiriz Ageitos, artista con diversidade funcional e integrante do obradoiro de arte da asociación da nosa comarca Ambar. Trátase dunha escolma de obras de toda a súa traxectoria artística, as cales fan referencia ós retratos de distintos cantantes e grupos musicais. Ela mesma abriu o acto de inauguración explicando a súa obra: “O máis me gusta é retratar a artistas e ás miñas cantantes favoritas tanto españolas como internacionais”.

Tamén estivo presente o seu facilitador do obradoiro de arte, Manu Mimé, quen articipou na inauguración: “É unha gran melómana, encántalle a música… é unha persoa moi traballadora que sabe o que quere, escolle o artista que vai retratar e tamén os materias” afirmou Manu Mimé, responsábel da área de arte de Ambar.

A este acto acudiron arredor de setenta persoas e durante a xornada tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar e Ana Vidal, concelleira de Servizos Socias de Rianxo. Milagros Rey sinalou que “é un pracer estar aquí con esta exposición, toda dela, con todas as artistas que ela coñece… quería agradecerlle tamén ao Concello de Rianxo e a Ana que nos facilitou o poder estar aquí neste espazo abrindo esta exposición que nos facía moita ilusión”.

Pechou a inauguración Ana Vidal, quen comentou “para o Concello de Rianxo é un pracer contar con colectivos como a Asociación Ambar. É importante darlle visibilidade… para min especialmente é unha honra estar hoxe aquí, agradecer a María Eugenia que é unha gran artista.”

Rematou o seu discurso animando a todas as persoas a visitar Súper Pop: “Temos dispoñíbel esta exposición ata 12 de decembro e convido a todo o mundo a que veña a visitala porque a verdade vale a pena”, concluíu a concelleira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...