Aberto o prazo de inscrición para participar na Campaña da Neve 2024 da Deputación da Coruña

10 Novembro 2023

O Concello de Boiro participa nunha nova edición da Campaña da Neve da Deputación da Coruña, unha actividade destinada a rapaces e rapazas da provincia de entre 11 e 15 anos. As datas para Boiro serán entre o 2 e o 5 de febreiro e as inscricións para participar estarán abertas ata o 1 de decembro.

Segundo explica o Concello, as persoas participantes gozarían de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. O prezo da viaxe será de 85 euros e contará con transporte, estadía, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Ademais dos cursos de esquí haberá actividades complementarias ou alternativas

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e pode facerse ata o 1 de decembro presentando o modelo de inscrición dispoñíbel na web municipal mediante o Rexistro Xeral do Concello de Boiro. A participación resolverase mediante concurso público e as persoas seleccionadas deberán formalizar a inscrición efectuando o pago e aportando a documentación complementaria necesaria.

Máis información sobre a Campaña da Neve 2024 no Departamento de Deportes do Concello de Boiro ou en Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...