Aberto o prazo das formacións para persoas desempregadas en cociña, bar e cafetería que imparte o Concello de Boiro

09 Novembro 2023

O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024. No mes de decembro comezaranse a impartir dous cursos AFD de nivel 2 nas especialidades de Cociña e Bar e Cafetería.

Segundo explicaron fontes do Consistorio, os obxectivos destas accións formativas son “mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras” e “fortalecer as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral”.

O certificado de Cociña, de 828 horas de duración, desenvolverase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira entre o 4 de decembro e o 30 de xullo de 2024. O certificado de profesionalidade de Servizos de Bar e Cafetería impartirase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas entre o 18 de decembro e o 19 de xuño de 2024 cun total de 658 horas de duración.

As accións formativas están destinadas a persoas que conten con estudos de nivel ESO ou competencias clave nivel 2, así como persoas que conten co certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería). As persoas interesadas en participar deberán facelo a través do enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou o teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.