Aberta a inscrición para participar no Trail de Lousame con novo percorrido

20 Novembro 2023

O Concello de Lousame, a través da páxina web de Emesports, abriu as inscricións para o Trail de Lousame que levará a cabo o próximo 31 de decembro. Para este ano, a organización convocou un total de seiscentas prazas, a metade para o percorrido longo, de 25 quilómetros, e a outra metade para o curto, de 14.
O responsable de Deportes, Germán Romero, describiu as características da proba: “O trail longo está dirixido a persoas cunha gran capacidade física. Son 25 quilómetros cun 80% do percorrido totalmente inédito. Os participantes gozarán dunha subida ao monte Muralla pola empinada ladeira de Lousame e tamén pasarán polas minas de San Finx e pola cima de Aguieira antes de regresar ao polideportivo Pilar Barreiro Senra, que será o punto de partida”.

Doutra banda, o percorrido curto está enfocado “a persoas que lles gusta o deporte e queren iniciarse no mundo do trail”. Ademais de ser máis curto, tamén presenta un desnivel de 750 metros menos. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada modalidade, tanto na categoría feminina como masculina. Ademais, a organización outorgará distintivos especiais aos mellores atletas locais.

Como novidade nesta edición, está prevista unha degustación dunha gran paella para recuperar enerxías antes de Fin de Ano.

remitida

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.