A provincia da Coruña brilla na primeira xornada do Fórum Gastronómic de Barcelona

06 Novembro 2023

A Deputación da Coruña, a través da súa área de Turismo, está a participar no Fórum Gastronómic de Barcelona cun stand de seu. Na primeira xornada organizáronse actividades para mostrar a riqueza gastronómica da provincia da Coruña. Baixo o selo A provincia que sabe, a entidade leva a cabo demostracións gastronómicas (showcookings), degustacións, exposicións e ata unha queimada. O foro catalán celébrase entre hoxe e o mércores 8 de novembro. “Nun Fórum repleto de xente, con moito público profesional que ven na busca de novas e diferentes maneiras de elaborar o produto”, apuntou o vicepresidente da Deputación e deputado de turismo, Xosé Regueira.

Demotracións e degustacións

Os fogóns de Pepe Senande, do restaurante A Muradana de Muros”inauguraron os showcookings desta edición, cun menú composto por un risotto de centola da ría e tempura de berberechos e alioli de alga percebe, que conquistou os padais de todos os asistentes, nunha xornada que comezou coa degustación dos vermús Mixology e Bravú. Continúa cunha degustación de fabada celta a cargo da Despensa D’Lujo, para posteriormente celebrar unha cata comentada a cargo de Juan Chamorro, enólogo de Adega Cazapitas.

A queimada arde no Fórum

O prato forte deste ano é a elaboración do ritual tradicional da queimada, que arderá no Fórum ás 16:00 horas da man de Miguel Queiro e Gonzalo Viñas. Esta actividade repetirase os tres días á mesma hora.

Para finalizar o día, os cociñeiros Adrián Loureiro e Alberto Cuenda, de Furna Atlántica de Caión (A Laracha) cociñarán unha caldeirada de peixe de tempada de Caión ao estilo tradicional, e un molete de tenreira galega ao estilo da Furna.

Sabores e saberes tradicionais

Ademais das propias degustacións, o stand de Turismo da Deputación da Coruña dá cabida a varias marcas de produtos agroalimentarios da provincia, que están presentes de forma permanente durante os tres días de Fórum:

·       A Conserveira: conservas de peixes e mariscos de alta calidade

·       A Despensa D´Lujo: legumes, patacas e produtos da horta directamente do campo

·       Bonilla a la vista: patacas de máxima calidade fritidas con aceite de oliva e sal mariño

·       Costumes Galicia: empanadas artesanais elaboradas a man coa mellor receita tradicional

·       Queixo Galmesán: queixo de pasta dura cocida no que a súa elaboración segue a técnica dos queixos tradicionais de pasta prensada cocida e de longa maduración

·       Choiva Viños: Todos os viños elaborados na provincia da Coruña

Produtores e profesionais de primeiro nivel

Todos estes produtos que se exhiben no Fórum Gastronómic son de primeiro nivel, algúns deles contan con galardóns internacionais. Exemplo diso son A Despensa D’Lujo que, dende Carballo, abastece cos seus alimentos locais os mellores restaurantes de todo o Estado (El Celler de Can Roca, Diverxo, Restaurante Gaytán…). E o queixo Galmesán, que foi premiado este ano nos World Cheese Awards como un dos 17 mellores queixos españois.

“Para os produtores é moi interesante participar neste tipo de eventos moi especializados, onde se valoran especialmente os produtos moi vinculados aos territorios”, afirmou Regueira, engadindo que “ademais de darlles visibilidade, atopan novas oportunidades de negocio e posibilidades de crecemento”.

A Deputación inaugura así o seu stand deste ano no Fórum Gastronómic, cunha programación que continuará mañá día 7 e pasado mañá, día 8, que seguirá o mesmo formato. Durante os 3 días, representaranse catro xeodestinos (Ría de Muros – Noia; Costa da Morte; Ferrolterra e As Mariñas) da man de cociñeiros, produtos e empresas que os representan gastronómica e socialmente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...