A Pobra dará a benvida ao Nadal no 2 de decembro

28 Novembro 2023

O prendido das luces e máis a inauguración do belén municipal marcarán o inicio do Nadal na Pobra do Caramiñal neste 2 de decembro. O acto terá lugar na praza Alcalde Segundo Durán, ás 18.00 horas, cando se ilumine a árbore alí situada e os Xardíns de Valle-Inclán, que novamente aspiran a se converter nun dos puntos máis atractivos do municipio por estas datas.

Posteriormente, o público desprazarase á praza do Emigrante para contemplar o nacemento configurado para este ano, ademais de desfrutar da tradicional chocolatada.

A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, xunto coa técnica municipal, Sara Sánchez, animou toda a veciñanza a participar nesta xornada que servirá para “lle dar a benvida oficial ao Nadal e, polo tanto, ás actividades impulsadas dende as distintas áreas para vivir esta época festiva”, sinalaron. No que respecta á decoración lumínica, a edil indica que o investimento da Administración local ascende aos 32.000 euros (tanto o das estradas coma as luces LED da alameda), mentres que a elaboración do belén se sitúa nos 4.000 euros. Durante a súa intervención, a edil tamén quixo valorar o traballo da brigada municipal, “que estivo inmersa nos preparativos durante as últimas semanas”. Destacou especialmente o labor de María Sanmartín, xardineira e artista encargada de cada ano dar unha nova perspectiva ao nacemento con elementos sorpresa nel.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.