A innovación pesqueira centrou unha xornada na Confraría de Pescadores de Portosín

07 Novembro 2023

O pasado venres 3 de novembro, o GALP Costa Sostible realizou unha xornada de divulgación na Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, cuxo salón de actos viuse ateigado de profesionais do mar e cidadanía en xeral ante o interese que xeraron as presentacións de proxectos de éxito en materia de innovación pesqueira e por coñecer as novidades nas próximas convocatorias de axudas dos fondos europeos FEMPA.

Unha das expertas que interveu foi Ana Randolfe, representante do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco, iniciativa que forma parte dunha rede que axuda para impulsar proxectos de emprendemento que teñan unha estreita vinculación co territorio, tarefa que realiza cun asesoramento continuado e adaptado ao caso concreto de cada proxecto.

Pola súa banda, Glòria Ñaco, responsábel de L’espai del Peix de Palamós (Cataluña), contou como desde a colaboración do www.museudelapesca.org a e da Confraria de Pescadors de Palamós, púxose en marcha un novo proxecto con moitas peculiaridades.

Finalmente, antes da degustación de produtos do mar, pechou as intervencións Sauro Martínez, patrón maior de Sanxenxo, pioneiro do Turismo Mariñeiro.

Na xornada tamén estivo presente o alcalde sonense, Luis Oujo.

Na sesión tamén se puxo o foco nas posibilidades que abre o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.

GALP Costa Sostible é a entidade responsábel no territorio costeiro galego da xestión das axudas do Fondos Europeos FEMPA.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.