A gastronomía coruñesa segue a lucir calidade e innovación na segunda xornada do Fórum Gastronómic de Barcelona

07 Novembro 2023

A Deputación da Coruña afrontou este martes a súa segunda xornada de actividade no Fórum Gastronómic de Barcelona, reivindicando os produtos e a gastronomía da provincia.

“Un ano máis, vemos como os produtos locais, de KM0, moi vinculados ao territorio, representan un dos maiores atractivos gastronómicos”, destacou o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira,  nesta segunda xornada de Fórum Gastronómic de Barcelona, onde a entidade provincial participa con diferentes actividades que están resultado un éxito de participación.

Unindo produto e territorio

Unha xornada que comezou ás 12h coa degustación dos vermús Green Mixology e Bravú, “elaborados con auga do seu territorio, da Costa da Morte” apunta Regueira, para continuar ás 13h co showcooking de Silvia Facal, do Restaurante Balarés (Ponteceso), que cociñou berberechos do Anllóns e xarda de Malpica e verdinas de Coristanco.

“Todas as actividades están repletas dun público profesional que valora o produto e a maneira de tratalo”, o que referenda a aposta da área de turismo da Deputación por promocionar “os sabores e os saberes da provincia da Coruña”.

Degustando os saberes e sabores coruñeses

Ás 14h, hai unha degustación de fabón con nécora a cargo da Despensa D’Lujo e, a partir das 15h, o sumiller e CEO de Choiva Viños, Alberto Varela, imparte unha charla sobre viños coruñeses, que se poden probar na exposición permanente da empresa no stand da Deputación.

A actividade de meirande impacto, que onte captou as miradas e os sorrisos de numerosos asistentes, é a elaboración do ritual tradicional da queimada, que ten lugar hoxe de novo ás 16h. “Sorprende ver como as nosas tradicións conquistan ao público máis esixente, que non quere perder este espectáculo e que non deixa de gravalo cos seus teléfonos móviles”, sinala Regueira.

A sobremesa da xornada corre a cargo dos chefs Eva María Guzmán e Fernando Rodríguez, de O Secadeiro de Outes que mesturarán vangarda e tradición, mar e montaña, para ofrecer unha vieira curada en auga de mar, figos caramelizados e aceite de folla de figueira, e repolo asado e fermentado, papada ibérica e caldo de alga kombu

“É un orgullo ver como os nosos produtos e os nosos profesionais triunfan nun evento de tan alto nivel como é este”, afirma Regueira. “Sen dúbida, a nosa provincia sabe como conquistar os padais e os corazóns de todos os que a coñecen”, engade.

Outros artigos

Ribeira reforza a limpeza e o mantemento dos contedores de lixo

Dende a Concellería de Servizos Municipais de Ribeira informan á veciñanza que se están a levar a cabo os labores de reposición dos contedores de lixo que se atopaban en mal estado, moitos dos cales, segundo explicou o dito departamento do Concello, "xa superan a...

+

A Pobra conmemora o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...