A edición XXXVI do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) recae no noiés Manuel López Rodríguez

20 Novembro 2023

O Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, edición XXXVI, xa ten gañador. Trátase do poeta noiés Manuel López Rodríguez, coa súa obra As palabras do sur. O galardón foi convocado novamente polo Concello de Dodro. O xurado do certame decidiu, de forma unánime, conceder o galardón ao traballo As palabras do sur pola “consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura”.

Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Elvira Ribeiro e formaron parte do xurado as escritoras Chus Nogueira, Lorena Souto e Brenda Mondelo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez.

O gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, naceu en Noia e comezou a escribir poesía con dezaseis anos. Foi co-fundador do Colectivo Literario Sacou, da Asociación Cultural Éteatro e da Asociación Audiovisual Paradiso.

Ten publicadas numerosas obras como Antítese nativa en Acha Escrava, Rompe en Urutau Editora, Desde onde non nace e Vangarda ule en Medulia Editorial, Nas pulsacións en Espiral Maior, Para que non me esqueza en Edicións Fervenza, Baixo terra. No ar en Xerais, O cemiterio. A néboa en Edicións Fervenza, A flor da letra (Estampa de lectura con percusión, para nenos e nenas) en Edicións Embora, Neste mesmo intre pola Deputación da Coruña e Cruceiro na Editorial Caldeirón.

Ao longo da súa traxectoria literaria recibiu, entre outros, os seguintes galardóns: XIV Premio de poesía Suso Vaamonde, Premio López Ardeiro de Poesía (2019), II Premio de Poesía Eduardo Pondal, Premio de poesía Concello de Carral (2020), Premio de poesía Avelina Valladares (2021, 2022 e 2023), XXVI Certame de Poesía Francisco Añón e o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía.

O acto oficial de entrega do certame terá lugar o vindeiro, 9 de decembro, no CPI de Dodro. As palabras do sur de Manuel López Rodríguez será publicada no ano 2024, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.