
Eva León inaugurou na Casa da Cultura de Boiro a súa mostra Mirando hacia dentro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, acompañou á artista na apertura da exposición, unha proposta que combina escultura e pintura e que se poderá visitar durante o mes de novembro.
A mostra recolle esculturas feitas con materiais atopados no lixo, na praia ou en calquera outro lugar. “Sempre estiven fascinada polos obxectos que xa non serven para nada e por darlles unha nova oportunidade para ser útiles novamente. Busco de maneira regular recursos de expresión que me axuden a mostrar aquilo que non podo dicir con palabras”, sinalou Eva León.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza “a visitar esta mostra que nos fai reflexionar sobre o noso día a día e a facer as cousas de forma máis consciente”.



