A ABE promociona as vendas dos bonos agasallo coa campaña “Non sabes que regalar? Regala Boiro”

29 Novembro 2023

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) lanzou unha nova campaña para engadir un extra de impulso ao comercio local nestas festas de Nadal. Trátase da iniciativa Non sabes que regalar? Regala Boiro, que, como se indica no seu nome, trata de despexar as dúbidas que veciños e visitantes sobre onde facer as súas compras nestas festas ao tempo que de pon un novo gran de area no proceso de dinamización do comercio boirense.

“O obxectivo é que tanto os veciños como as empresas os utilicen para agasallar aos seus seres queridos ou traballadores neste Nadal, neste último caso a xeito de aguinaldo”, explica a ABE, engadindo que os bonos son unha caixa que inclúe vales de compra de 5€ e un listado de mais de 200 socios da patronal onde se poden gastar.

Podemos elixir de que cantidade mercamos o noso bono, sempre en múltiplos de 5 €

Desta maneira, cando recibimos o agasallo só hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos mais de 200 negocios asociados. “Hai unha enorme variedade de negocios, dende téxtil, calzado, deportes e regalo a alimentación, praza de abastos, hostalería e gasolineira ou mesmo servizos coma masaxes, dentista ou fotografía”, explican fontes da ABE, engadindo que poden mercarse nas oficinas da asociación facendo a reserva por teléfono, correo electrónico, web ou de maneira presencial.

Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute na vila boirense e en todo o concello.

Na web da ABE hai unha sección específica con información detallada e un formulario para realizar a compra.

Outros artigos

Luns con chuvascos e baixada de temperatura

Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha borrasca localizada ao norte da península Ibérica que introducirá aire frío e inestabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...