A ABE entrega este venres 17N os seus galardóns

17 Novembro 2023

A patronal boirense (ABE) finalizou o prazo para que os socios e socias da entidade escolleran aos gañadores dos galardóns deste ano (Premios ABE). As votacións saldáronse cunha “altísima participación”, xa que foron batidos todos os récords do certame con 696 votos. As distincións anuais da ABE entréganse este venres 17 de novembro ás 20:30 hs na Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro). Está previsto que acudan uns 180 empresarios.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Cetárea Angel Mar, unha empresa familiar adicada á venda de pescado e marisco galego dende 1998. Segundo explica a ABE, a cetárea situase en Triñáns (Boiro), en pleno corazón da Ría de Arousa, e “dende os inicios caracterízanse por ser unha empresa que aposta pola innovación ao distinguirse da competencia pola estabulación de bivalvos en circuíto pechado, sen necesidade de captar auga directamente do mar, deste modo a depuración non require da utilización de produtos químicos, xa que combina varios sistemas de esterilización (raios ultravioleta, carbón activo, filtros biolóxicos…) para a separación das impurezas ata chegar ao paso máis innovador que é a esterilización con ozono”.

Na categoría de mellor empresa a gañadora foi Coaxial, empresa que dá servizo e asesoramento profesional dende 2015 en áreas de telecomunicacións, electrónica e electrodomésticos. “Realizan dende traballos técnicos domésticos ata infraestruturas complexas coas mellores marcas do mercado e sempre atentos as novidades que este ofrece”, destaca a patronal, lembrando que a súa política de traballo basease “na profesionalidade, eficiencia e garantía de resultados”, asegurándose que os clientes “sexan atendidos de maneira rápida e eficaz facendo un seguimento continuo en cada intervención buscando sempre a súa máxima satisfacción”.

Respecto do premio de honra, recaeu en Rosa Barcala González, empresaria propietaria da Xoiería e Reloxeria Teixeira. O establecemento abriu as súas portas no ano 1968, da man do marido de Rosa, Agustín Teixeira, que falece no ano 1992, quedando dende ese momento o negocio a cargo exclusivo de Rosa, quen levaba traballando nel, desde o ano 1987. Rosa, compaxinou o seu labor empresarial co de voluntariado, comezando no ano 1993 a dirixir grupos familiares en Proxecto Home. Tras anos facendo este labor, no ano 2008 foi elixida presidenta da Asociación de Familias de Proxecto Home Galicia, labor que levou a cabo ata este ano 2023.

Actualmente, se ben xubilouse este ano, segue a manter a dirección do negocio, o cal xa desenvolve a seguinte xeración, os seus fillos José Luis e Marieta, achegando a modernización tanto en maquinaria, cando falamos do taller, como en redes sociais e métodos de venda actuais

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador: “Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dun dos comercios con mais tradición da localidade, polasúa contribución ao desenvolvemento económico do pobo e, tamén, pola súa vertente social ao colaborar con diferentes entidades e proxectos de voluntariado”.

Como dixemos a gala de entrega de premios será este 17 de novembro a partir das 20:30 hs na Pousada da Galiza Imaxinaria. A presentación do acto recaerá na actriz, monologuista e presentadora Marta Doviro. Contarase con photocall, musica, pinchos, coctelería e sobre todo coa presenza do tecido empresarial boirense no que será a festa das empresarias e empresarios locais.

Outros artigos

Martes 5, volve o tempo seco a partir do mediodía

O martes será unha xornada de transición na que iremos recuperando progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos máis probables e intensos na franxa atlántica durante a mañá. Co avance do día, as precipitacións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...