
Sandra Triñanes López proclamouse gañadora dos 1.000 euros do sorteo presencial da pasada Noite Aberta organizada en Boiro pola patronal local (ABE) co obxectivo de dinamizar o comercio local e a actividade cultural, económica e social da vila e o concello. A premiada realizou tres compras en diferentes negocios participantes. O premio de 1000€ pode utilizalo en calquera dos mais de 200 negocios asociados e non ten caducidade. Miles de persoas ateigaron as rúas de Boiro na xornada do sábado, na que se celebrou a Noite Abeta.
Sandra Triñanes López recibiu de mans do presidente da patronal boirense, Daniel García.

Centos de persoas asistiron ao sorteo presencial celebrado a pe de rúa ilusionadas en poder acadar o premio de 1.000 € en bonos ABE para utilizar sen caducidade en calquera dos mais de 200 negocios asociados.
Máis de una trinta negocios sumáronse a esta iniciativa que se desenvolveu este venres e sábado, sinalizados con globos rosas elaborados para la ocasión. Ademais de descontos e campañas especiais, obradoiros e actividades para los más pequenos, así como actuacións musicais.

A ABE agradeceu aos clientes e veciños a súa participación na Noite Aberta e “por acompañarnos neste día tan especial facendo das rúas de Boiro unha marea de xente, en especial na tarde do sábado”. E engadiu: “Mil gracias a todos por mercar nos negocios locais e tamén agradecer a participación dos negocios asociados e a súa colaboración para que a xornada fora todo un éxito”.
A patronal tamén aproveitou para animar aos negocios que non se sumaron a esta cita a facelo nas vindeiras edicións “xa que quedou demostrado que a Noite Aberta é transversal e que pode encaixar en calquera tipo de negocio como foi desta volta o taxi nº5 que animou aos seus clientes a participar no sorteo dos 1.000€”.



