A ABE celebra esta “finde” unha dobre edición da Noite Aberta de Boiro

21 Novembro 2023

A patronal boirense (ABE) organiza unha edición dobre da súa Noite Aberta este venres 24 e sábado 25 de novembro. Segundo explicou a dirección da asociación de empresarios, os principais ingredientes desta actividade serán os descontos, os sorteos, os agasallos e as actividades nas rúas con música e obradoiros infantís. Tamén haberá música en directo (Djs) e degustacións, entre outras actividades. A Noite Aberta é un xeito de acurtar a distancias entre o comercio de proximidade e a cidadanía, favorecendo con actividades de lecer, descontos e regalos a fidelidade, a sustentabilidade e as compras locais.

Até 31 negocios participarán nesta iniciativa con incorporación de novos sectores como alimentación, florería e incluso un taxi que ofrecerá descontos nas súas carreiras.

Os negocios estarán sinalizados con globos rosas elaborados para a ocasión e repartirán piruletas de cereixa entre os clientes.

Sorteo presencial de 1000€

A novidade desta edición e a posibilidade que teñen os clientes que realicen as súas compras durante a fin de semana de participar nun sorteo presencial de 1.000€ en bonos ABE.

Será un premio para unha única persoa e sortearase ata que un dos presentes sexa agraciado.

Segundo explica a ABE, “participar é moi sinxelo, soamente deberemos realizar unha compra en calquera dos negocios participantes e trocar o tícket na jaima instalada na rúa peonil por 1 rifa para o sorteo”.

Cada compra de mais de 10€ dará dereito a unha participación no sorteo.

O horario para cambiar os tíckets por rifas é venres e sábado de 18:30 a 20:30 hs e o sorteo

presencial será o sábado 25 ás 21:00 hs na propia jaima.

Actividades infantís

No dito recinto cuberto da ABE os cativos da casa poderán participar en obradoiros de tatuaxe e globoflexia e haberá música, piruletas e globos para os que a visiten.

O horario das actividades infantís coincidirá cos de cambio de tíckets venres e sábado de 18:30 a 20:30 hs.

Animación de rúa e 25 N

O sábado, o concello de Boiro programará diferentes actividades con motivo do 25N entre elas destaca unha charanga composta exclusivamente por mulleres que animará as rúas da localidade durante a tarde do sábado.

Ademais nos comercios organízanse diferentes actividades especiais que se poden consultar, xunto cos descontos e o resto do programa tanto na web da ABE, www.abe.gal, coma nas redes sociais.

A Noite Aberta de Boiro conta coa colaboración do Concello de Boiro e está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.