Volven os Premios ABE á Excelencia Empresarial

20 Outubro 2023

Tralo éxito da edición do pasado ano, na que participaron mais de 150 persoas na gala de entrega dos Premios ABE á Excelencia Empresarial, a patronal boirense (ABE) abre este venres 20 de outubro o período de votacións para a edición de este ano. Segundo explicou a asociación, as empresas asociadas xa poden votar para elixir entre os 200 socios da patronal quen será a Mellor Empresa e, tamén, o Mellor Comercio de 2023.

Para votar só hai que acceder ao formulario e elixir aos comercios e empresas favoritas coa única limitación de non elixir aos gañadores de edicións anteriores.

O prazo comeza este venres 20 remata o venres 3 de novembro.

Ademais deses dous premios a directiva da ABE outorgará o Premio de Honra a unha persoa empresaria recoñecendo a súa traxectoria e contribución a economía local.

A gala deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria o venres 17 de novembro.

Histórico de premiados

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.