Unha eclipse lunar prodúcese este sábado de 20.00 a 00.23 horas

28 Outubro 2023

Entre as 20.00 e as 00.23 horas deste sábado 28 terá lugar unha eclipse lunar con fases penumbra e parcial, aínda que esta de baixa magnitude. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, a fase parcial, que é a única que poderá percibirse, vaise producir entre as 21.33 e as 22.50, sendo o máximo ás 22.11 momento no cal o 12% do diámetro solar estará oculto pola sombra da Terra.

O planeta Terra ao ser iluminado polo Sol proxecta tras de si dous conos. Un deles formado polas tanxentes interiores aos discos do Sol e da Terra, que é o cono de penumbra, e o outro xerado polas tanxentes exteriores a ditos discos, que se chama o cono de sombra. Mentres que o primeiro se vai abrindo detrás da Terra, ao de sombra sucédelle o contrario. Por esta razón o cono de sombra ten unha sección menor que o de penumbra, aclara o profesor Docobo.

Cando se produce unha eclipse de Lúa, “o noso satélite ten que atoparse necesariamente na fase de Lúa chea, de tal xeito que esta comeza a entrar en primeiro lugar no cono de penumbra (fase penumbral). Se logo se introduce no cono de sombra (como no caso deste sábado), iníciase a fase parcial. A eclipse sería total se a Lúa chega a introducirse completamente no cono de sombra, que non vai ser o caso deste sábado 28” aclara o director do Observatorio da USC.

Se ben a observación do fenómeno vai estar condicionada polas condicións meteorolóxicas de cada zona, de poder ser contemplado “non é precisa ningunha protección ocular, podéndose seguir tanto a simple vista como co uso de prismáticos ou telescopios” indica José Ángel Docobo.

O propio astrónomo recupera a reflexión de Ramón María Aller quen no seu libro Introducción a la Astronomía sinalaba que “En cada 223 lunacións teñen lugar, por termo medio, unhas 70 eclipses, das cales son de Lúa, en xeral, 29 e de Sol, 41. Tamén, polo regular, entre as 41 de Sol, son totais 10, anelares 17 e parciais 14. O mínimo número de eclipses nun ano é de dous; cando isto acontece ambas son de Sol. O número máximo de eclipses nun ano é de sete, e entón polo menos catro son de Sol”. Neste senso, o director do Observatorio universitario especifica que concretamente este ano 2023 vai haber dúas de Sol e outras dúas de Lúa.

A gran diferenza entre as eclipses de Sol e as de Lúa, é que “as primeiras só se poden ver nunha franxa da Terra inferior a 200 km aproximadamente, en tanto que nas de Lúa chega con que o noso satélite estea por riba do horizonte. Isto explica por que para un mesmo lugar se ven moitas máis eclipses de Lúa que de Sol” engade o astrónomo.

A última eclipse de Sol total que tivo lugar na Península produciuse en 1912  e a súa liña de centralidade pasara por Verín e mais polo Barco de Valdeorras.  O 3 de outubro de 2005 houbera unha eclipse anelar de Sol que se puido observar perfectamente dadas as boas condicións meteorolóxicas. O profesor Docobo explica que “porén nos vindeiros anos haberá a posibilidade de observar varias eclipses solares dende distintos puntos de España. Concretamente a  eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026 se poderá seguir dende o norte e leste de Galicia”. Ademais, a próxima eclipse total de Lúa acontecerá o 14 de marzo de 2025.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.