Un coloquio desmontou na Pobra os mitos sobre a conduta suicida

25 Outubro 2023

A saúde mental centrou o coloquio ofrecido na tarde deste martes 24 de outubro por parte da integradora social de Andaina Pro Saúde Mental, Tania Lavandeira, baixo o título Falamos? Desmontando mitos sobre a conduta suicida.

Esta actividade chegou ao Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ao abeiro do programa integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en casos de risco de suicidio.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, explicou que con este tipo de xornadas prosegue o traballo das asociacións e do Concello a prol de sensibilizar á cidadanía sobre un tema que atinxe toda a sociedade. De feito, precisou que antes do verán tivo lugar unha xornada formativa orientada exclusivamente a persoal dos Servizos Sociais e dos ámbitos educativo e sanitario.

Engadiu que, a maiores, a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí conta xa cun punto de lectura permanente composto por títulos para tódalas idades que abordan a saúde mental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.