Televisión de Galicia emite a noite deste martees —ás 23.00, por TVG2— a serie documental “Recambio climático. Unha mirada construtiva“. Tecendo a Galicia circular e sostible, escrita e dirixida polo realizador Valentín Carrera, que dá continuidade ás series O Antropoceno na casa e Contaminación mariña, emitidas en 2019 e 2020.

Con esta nova serie, TVG amplía a súa oferta verde e contribúe a transmitir á audiencia galega unha mensaxe de alerta sobre a contaminación do Planeta —e, en primeiro lugar, de Galicia—; á vez que
promove a concienciación cidadá sobre os efectos do cambio climático e do quecemento global.
Recambio climático reflexiona sobre as accións cidadás relacionadas coa economía circular; as accións das tres “R” (Reducir, Reciclar, Reutilizar), pero tamén outras moitas “Rs”: Redeseñar, Renovar, Restablecer, Reparar, Reforestar; en resumo, as accións precisas para o Recambio climático, que converxen nun
novo modo saudable e sostible de comportarnos con nosa propia saúde e coa saúde do Planeta.
Os dous capítulos son conducidos pola nova presentadora Alicia Carrera Castaño, e contan coa presenza de especialistas como a filósofa feminista Chis Oliveira; o presidente da Rede de Decrecemento, Miguel Anxo Abraira; Benigno Jáuregui, xerente de Evislusa; a escritora e naturalista Mónica Fernández-Aceytuno; a ecoloxista Yayo Herrero; a profesora Marta Lois; ou o maxistrado galego Martín Pallín, entre outros.
Desde unha perspectiva global, unha ducia de galegos e galegas que viven no exterior achegan a súa mensaxe sobre as enerxías renovables, o tempo dos coidados ou o negacionismo, desde Tánxer,
Australia, Dublín, Suíza, Berlín, Grecia, Bucarest ou Bruxelas. A rodaxe foi gravado pola cámara Trini Aragunde, con realización de Carlos Prado Pampín, con montaxe e posproducción de José Brea en Setemedia; e localizacións en Vigo, Marín, Rianxo, Cambados, A Coruña, Catoira, Santiago, A Pumarega, Lugo, Ferrol, Miño e outros puntos da xeografía galega.




