Sumar Galicia celebra en Noia o seu primeiro acto de rendición de contas da man da Marea

26 Outubro 2023

SUMAR Galicia fixo este mércores 25 en Noia o primeiro acto de rendición de contas da man da Marea Cidadá. A deputada da formación pola provincia de Pontevedra, Verónica M. Barbero, acudiu no día de onte a un acto de rendición de contas a Noia, no que puxo o foco na situación do marisqueo e no que tamén participaron a ex concelleira da formación Lola Caramés e o voceiro da Marea Cidadá, Manolo Seijas.

Dende a Marea de Noia, o voceiro da formación Manolo Seijas agradeceu “enormemente” a Sumar Galicia e á deputada Verónica M. Barbero a súa presenza neste primeiro acto de rendición de contas da formación. De acordo cas palabras do propio Seijas “trátase dun acto onde se puxo enriba da mesa un tema fundamental para esta comarca, como é o tema da campaña marisqueira”.

De acordo co voceiro da formación local, “é fundamental que este tema estea presente no Congreso dos Deputados, e que se lle dea unha solución canto antes, pois é unha situación enormemente dramática para moitas familias da nosa contorna”.

Pola súa parte, a deputada Verónica M. Barbero agradeceu á formación local o seu compromiso e a posibilidade de realizar este acto, que nas súas palabras “serviu para escoitar a toda a xente de Noia que acudiu, permitíndonos falar de temas tan importantes como a situación que atravesa o marisqueo, as inxustizas que afectan ao persoal do SAF ou as enormes complicacións que atravesan as familias monomarentais”.

“Estas”, dixo a deputada, “son as cuestións importantes, as que preocupan a xente na súa vida e este tipo de actos, ademais de para render contas ante a cidadanía, permítennos coñecelas mellor para poñernos a traballar sobre elas canto antes”.

Finalmente, o voceiro da Marea Cidadá afirmou que “con deputadas como Verónica, Sumar Galicia é a voz necesaria de Noia e da comarca no Congreso dos Deputados”

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.