“Son persoas e morreron” – José Manuel Pena

17 Outubro 2023

En honra á verdade, despois de catro décadas de gobernos na Xunta de Galicia, hai que afirmar claramente de que a vivenda non foi unha cuestión prioritaria nin tan sequera importante para os responsables do Goberno autonómico.

Hai escasas datas, saltou a noticia de varias persoas falecidas, tres delas menores de idade, polo incendio nun edificio “okupado” no centro da cidade olívica. Como todo hai que dicilo, as diferentes administracións son cómplices da traxedia por non poñer os medios necesarios para facilitarlles unhas solucións ou alternativas habitacionais como, por outra banda, esixe a lexislación actual.

A Xunta de Galicia, administración responsable e con competencias en materia de vivenda, non pode alegar sen despeitearse de que “non hai vivendas dispoñibles”. Perdoa!!!. Familias, en situación de exclusión social severa e vulnerables con menores ao seu cargo, teñen que vivir nunha chabola, debaixo dunha ponte, ou como “okupas” en Galicia?

Persoas, son persoas e morreron ou foron “asasinadas” pola desidia das administracións públicas. Pero, non pasa nada. Non foron ningún dos seus fillos. Foron fillos de familias vulnerables, pobres e sen apenas recursos. Mentres tanto os responsables da Xunta de Galicia e da maioría dos concellos continúan mirando para outro lado, obviando unha realidade que non vai con eles. D.E.P.

Outros artigos

“Cumpleaños, somos efímeros” – Manuel Domínguez

¿Qué te creías?, el rey del mambo. Todos se acordarán de Napoleón, o del general Romel, pero me pregunto yo, quién se acuerda de sus soldados, porque qué serían ellos, sin sus soldados. Le dice el niño, a su anciano abuelo, para qué plantas este naranjo, nunca comerás...

+

Saída de vía por unha indisposición en Rianxo

Un accidente produciuse no quilómetro 11 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Os feitos, que ocorreron instantes despois das 9 horas en sentido Ribeira, foron narrados por un particular que parou a auxiliar ao implicado, que acababa de saírse da vía co...

+

Rexistrado un sismo de magnitude 3 nas proximidades da costa de Ribeira

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un sismo de magnitude 3.0 con epicentro nas proximidades da costa de Aguiño (Ribeira). No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre estes feitos, que tiveron lugar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...