Migración da web “obarbanza.gal”. Estaremos en mantemento desde este venres ás 8 horas ata primeira hora da tarde

26 Outubro 2023

Actualizamos a nosa web cun novo deseño e maís apartados e seccións

Estimados usuarios de “obarbanza.gal”, cumprimos catro anos e medio desde que o 17 de maio de 2019 iniciamos esta aventura de crear un xornal dixital que acercase ós lectores as novas da comarca.

Desde aqueles primeiros meses aumentamos a zona de cobertura informativa dos nosos contidos e pouco a pouco tamén aumentaron os nosos usuarios que o pasado mes acadaron as 101.606, o que supón a diario 3.277 usuarios/ únicos. O éxito desta pequena iniciativa apoiase nas máis de 23.808 novas que levamos publicadas e nos centos de artigos de opinión dos nosos colaboradores, sen esquecer a nosa edición impresa mensual que reparte de balde 7.000 exemplares na comarca.

Queremos dar un paso mais e renovamos a nosa web cun novo deseño que esperamos sexa do agrado dos nosos seguidores. Teremos novas seccións e pouco a pouco incorporaremos tamén outros contidos que esperamos sexan do agrado dos usuarios. Como consecuencia da migración da elevada cantidade de datos acumulados e a actualización á nova web, estaremos en mantemento desde este venres ás 8 da mañá ata primeira hora da tarde.

Agradecemos sinceramente a vosa comprensión e esperamos que nos comentedes que vos parece este novo deseño e esperamos contar co voso apoio e colaboración. Invitarvos pois a que nos mandedes novas, convocatorias, informacións, artigos, críticas e denuncias ó noso email      redaccion@obarbanza.gal ou redaccionbarbanza@gmail.com ou o no whatsapp 608 240 160.

Vémonos nunhas horas e moitas grazas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.