“Sí ou non, mais nunca abstención de Junts na investidura de Sánchez” . Antón Luaces

05 Outubro 2023

Non hai confianza. Ou, para sermos máis fieis ao que realmente acontece, a desconfianza prevalece nos contactos-non contactos entre PSOE e Junts de cara a fixar unha postura de entendemento entre dunhas forzas políticas que se necesitan para seguiren vivas no marco parlamentario español/Goberno..

O “piloto” nesta operación a dúas bandas (PSOE-Junts, ou Pedro Sánchez-Carles Puigdemont) está a ser, desde o 23J, o expresident catalán refuxiado, desde a súa fuxida de España, en Waterloo. Pero semella pouco ou nada satisfeito pola entrada no escenario de negociacións do número un entre os socialistas cataláns, Salvador Illa.

Junts sabe que a amnistía catalana podería ser asumida polo candidato socialista á investidura. E mesmo que, con certos “retoques”, o PP non poñería obstáculos insalvables para levar ao campo da negociación tal intento. Pero o referendo -un volver a un camiño xa trillado- aparece unha outra vez no escenario cuns valos -os propios da Constitución- que non permiten andainas que, ao parecer, bo número de cidadáns de Catalunya tampouco teñen moitas gañas de levar a cabo. Eis o motivo polo que o aspirante a repetir na Moncloa, Pedro Sánchez, por moito que negocie con Coalición Canaria para sumar o seu voto a un teórico “goberno progresista” por el presidido, poucas -por non dicir ningunha- posibilidades ten de prosperar no caso de que Junts vote en contra.

Para que o caso teña aínda máis complicacións, Junts contempla de esguello o ir e vir de ERC, cousa que fai pensar tamén en si os de Puigdemont non terán xa decidido o seu apoio a Sánchez para non quedar descolgados na propia autonomía sabendo que Esquerra ten ben aprendido o seu papel no presente e o futuro de Catalunya.

Queda por concretar o papel dun dos principais actores deste ensaio político: SUMAR, ao que todos dabamos como apoio fixo e seguro na investidura de Sánchez. Para min que o segue a ser, pero o camiño de Yolanda Díaz ten, asimesmo, moitas reviravoltas.

E non será que, no fondo, unha nova convocatoria electoral é o máis seguro?. Porque a brocha a usar por Pedro Sánchez para pintar o novo mapa político de España  cun goberno en minoría absoluta dependente de tantos humores e con tan pouca capacidade de manobra para aprobar leis e propostas, no permite agoirar noites de descanso feliz.

Demasiada inseguridade, semella. Por máis que tampouco se poda pensar e “coseduras” desde a dereita, onde o panorama sen ser semellante tampouco é mellor.

Quedan pouco días para coñecer que determina o candidato socialista á presidencia do Goberno.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.