Servizos Sociais da Pobra amplía a atención á cidadanía ás tardes

10 Outubro 2023

Ao habitual horario da mañá do Departamento dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal súmase a atención nas tardes dende esta mesma semana.

Deste xeito, o local situado fronte á casa consistorial estará tamén aberto aos luns, martes e mércores, de 15.00 a 20.30 horas, cunha traballadora social e unha administrativa do cadro de persoal municipal que irán rotando semanalmente.

A concelleira Amparo Cerecedo explicou que este aumento da xornada atinxe unicamente o Departamento dos Servizos Sociais, por se detectar unha demanda da veciñanza para asistir nas tardes para facer consultas, pedir cita ou entregar documentación. O obxectivo, sinalou, radica no “incremento das prestacións, na mellora da relación da veciñanza coa Administración local e en facilitar a realización de trámites de maneira presencial para aquelas persoas con competencias dixitais limitadas e a quen, en consecuencia, lles resulta complexo facelo telematicamente”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.