Seis ofertas para executar as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Noia, que suporá un investimento de 1,3 M€

12 Outubro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu seis ofertas de empresas para executar as obras de mellora da potabilizadora de Noia, que suporán un investimento de 1,3 M€.

Trátase de intervir na estación potabilizadora deste municipio, deseñada para servir a unha poboación aproximada de 15.000 habitantes, co obxectivo de ampliar a súa capacidade e servir ata 24.000 habitantes.

Mediante este contrato, actuarase ademais na mellora e modernización da planta, que na actualidade non está automatizada, carece de pretratamento previo e ten problemas no sistema eléctrico.

O obxectivo da Xunta é adxudicar o contrato nos primeiros meses de 2024 para poder iniciar a execución das obras tan pronto como sexa posible. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.

Os traballos obxecto deste contrato consistirán na instalación dun pretratamento completo, de dúas bombas somerxibles, a automatización do proceso, a execución dunha nova liña de lodos, a instalación dun bombeo de recirculación para a desinfección e a reforma do circuíto hidráulico e da instalación eléctrica.

Este contrato forma parte das actuacións da Xunta para apoiar ao Concello de Noia na xestión dos servizos da auga de competencia municipal, ás que se engade a execución da mellora da depuradora de augas residuais, cun investimento de máis de 2,3 M€.

En total, a Xunta está a investir 3,6 M€ para a mellora das infraestruturas hidráulicas deste municipio coruñés.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Belén do Campo supervisa a nova miniexcavadora de Outes

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, supervisaron hoxe a nova miniexcavadora de 3,5 toneladas adquirida polo Concello de Outes co apoio económico do Goberno galego de 30.000 euros e un orzamento total de 40.000 euros, a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...