Ribeira e O Son publican as bases para a selección de alumnado e persoal docente do Tahume IX

23 Outubro 2023

Os Concellos de Ribeira e Porto do Son publicou as bases para a selección de alumnado e persoal docente para o Obradoiro de Emprego Tahume IX, programa mixto de emprego e formación promovido polas dúas devanditas administracións da nosa comarca. Segundo informan, este programa está “dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e abordar de xeito efectivo as necesidades de emprego do noso municipio”. A concelleira de Emprego e Promoción Económica, Genoveva Betanzos de Ribeira explicou que as especialidades a impartir este ano son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Haberá 10 prazas para alumnado por cada Concello; e as persoas interesadas en participar deben estar inscritas na Oficina de Emprego e manifestar alí o seu interese en participar no Obradoiro de Emprego.

Amais, contratarase un director para o obradoiro, dous mestres para ambas especialidades, un titor, e unha persoa para tarefas de administración.

Unha vez se teña a listaxe das persoas candidatas remitidas pola Oficina de Emprego, o grupo de traballo, formado por dúas persoas do Concello de Ribeira e dúas do Concello de Porto do Son, encargarase de comunicar ás persoas candidatas o prazo para presentar a documentación e o calendario das probas de selección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.