Publicadas as bases do novo obradoiro de emprego de Rianxo: Monte Noso

25 Outubro 2023

O Goberno de Rianxo informou de que xa están dispoñíbeis en formato en liña as bases para a selección do alumnado e persoal docente do Obradoiro de Emprego Monte Noso, promovido polo Concello.

Dende o Consistorio explican que as persoas interesadas en participar deben estar inscritas na Oficina de Emprego e manifestar alí o seu interese en participar no obradoiro (códigos 320, 330, 340 e 370).

Como lembraremos, o Concello de Rianxo vén de recibir 398.284,65€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a posta o funcionamento deste novo obradoiro dual de emprego. Permitirá formar a 15 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. A formación práctica desenvolverase en terreos de diferentes comunidades de montes de Rianxo. Prevese que o obradoiro bote a andar a comezos de novembro e en vindeiras datas publicarase a convocatoria de selección do persoal de formación, así como a solicitude de alumnado.

Esta nova iniciativa de emprego únese á que focalizou a súa actividade no Pazo de Rianxiño, impulsada tamén dende o Concello, desta volta centrada en xardinaría e traballos de acondicionamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...