Pasodobres e bandas sonoras, este domingo no XV Certame de Bandas de Música Populares do Concello de Lousame

26 Outubro 2023

A Banda de Música de Ordes e a Banda de Música de Lousame protagonizan este domingo a décimo quinta edición do Certame de Bandas de Música Populares, que como todos os anos celébrase en homenaxe a Prudencio Romo. O concerto será este 29 de outubro, ás 18:00 horas, no Polideportivo Pilar Barreiro. A entrada é libre e de balde. O festival foi presentado nos seus detalles polo concelleiro de Obras e Servizos Públicos, Ramón Martínez Rial, o director da Banda de Música de Lousame, Marcos Pereiro e a presidenta da Asociación Prudencio Romo, Isabel Gómez Molares. Esta última agradeceu efusivamente a colaboración do Concello de Lousame, xa que “sen eles, por moitas ideas e ilusións que tiveramos non iamos chegar a ningún lado”. A súa vez, animou a xente a acercarse a participar na xornada, eloxiando a orixinalidade do evento.

Un novo programa

Ademais dos clásicos pasodobres e muiñeiras, o programa deste domingo amplía o seu repertorio para incluír música de películas enfocadas ao público infantil, para así mostrar aos nenos e as nenas “que a banda tamén é un sitio para eles”, asegura Marcos Pereiro, director da Banda de Música de Lousame.

O concerto terá unha duración aproximada de hora e media, con dous tempos de 45 minutos para cada unha das bandas. Ramón Martínez destacou que “en vista de como está o tempo, preferimos facer o concerto no Pavillón da Silva, que ten gañado moito en acústica cos últimos arranxos, e non arriscarnos como pasou no verán, que tivemos que adiar o certame por mor da chuvia”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.