“Os maiores de 65 anos, de balde nos autobuses interurbanos”. Antón Luaces

26 Outubro 2023

Para asistencia médica nos centros de saúde, realizar trámites ou desprazamentos a actividades de ocio, os maiores galegos ou residentes en Galicia maiores de 65 anos que usen o transporte interurbano terán este de balde. 

Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A medida, que será aprobada no  Consello da Xunta deste xoves, beneficiará teóricamente a máis de 700.000 persoas maiores de 65 anos que poderán dispor dun bono que lles permitirá viaxar gratuitamente en autobuses interurbanos a partires do 1 do vindeiro mes de xaneiro. O número de usuarios desta franxa de idade, dotados do Carné +65,  estímase en 50.000, segundo as previsións da Xunta, que se sumarán aos usuarios máis xoves de 25 anos que, mediante o  Carné Xove, tampouco aboan  polo mesmo tipo de desprazamento. Ambos os dous gastos estarán incluídos nos orzamenton da Xunta do vindeiro ano.

Deste xeito, entre os maiores de 65 anos e os menores de 25 cuxas viaxes interurbanas en autobús se subvencionen mediante a presentación dos devanditos carnés +65 e Xove, serían aproximadamente unhas 450.000 persoas e 160.000 usuarios se ben os posibles usuarios -en cifras da Xunta- poderían superar o millón cen mil persoas, máis do 40% do censo total de habitantes da Comunidade Autónoma.

O presidente do goberno galego tamén anunciou outro tipo de axudas ao colectivo de maiores de 65 anos e menores de 25. Por exemplo, o abono de 5.000 euros anuais ás persoas con dependencias coidadas no seu domicilio (unhas 18.500), ou os 1.200 euros complementarios para seren atendidos en residencias.

Máis nada coñecerse estas previsións do goberno de Galicia, sendo ben acollidas polos afectados, tamén recibiron críticas que fan fincapé na importancia que para o PP -que goberna con maioría absoluta na comunidade galega- ten a convlcatorioa de eleccións autonómicas o ano que ven.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.