O Xulgado de Noia desestima a denuncia da empresa mineira de San Finx contra Ecoloxistas en Acción

06 Outubro 2023

Logo de que a semana pasada compareceran ante os Xulgados de Noia os representantes de Tungsten San Finx para ratificar unha denuncia contra Ecoloxistas en Acción por un acto de protesta simbólico realizado o pasado 5 de xullo, a xuíza instrutora acordou mediante un auto o sobresemento da causa e o arquivo das actuacións ao “non apreciar existencia de feito delitivo algún”.

Tanto a Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx como Ecoloxistas en Acción insistiran desde un inicio que se trataba “dunha denuncia falsa e infundada con afán intimidatorio”, coa “que a mineira pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial”.

Ante as preguntas da xuíza e do avogado de Ecoloxistas, Juan Manuel López Rubio, o representante da empresa de San Finx tivo que acabar recoñecendo que “na acción de protesta non se producira ningún tipo de dano material” e que, por tanto, “non cabía reclamar indemnización algunha”. Mesmo así, a empresa negouse a retirar a denuncia como lle esixiu o letrado da defensa.

Como lembraremos, no acto simbólico realizado en xullo taponárase durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma, iniciouse un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Os colectivos lembran que “esta non é a primeira vez que Tungsten San Finx interpón denuncias falsas contra organizacións ecoloxistas, pois xa en 2017 tentara intimidar a outros colectivos ambientais que expuxeran irregularidades da empresa mineira”. Daquela, lembran dende a plataforma e dende Ecoloxistas en Acción, “as dilixencias foron arquivadas, igual que a denuncia presentada o ano pasado por outra empresa do mesmo grupo que controla a mina de Varilongo, en Santa Comba”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.