A plataforma contra as verteduras de San Finx concéntrase en Noia contra o que considera “tentativas de intimidación” da firma mineira

28 Setembro 2023

A plataforma comarcal contra as verteduras das Minas de San Finx organizou na mañá deste xoves 28 de novembro unha concentración ante os Xulgados de Noia para mostrar “a nosa absoluta repulsa ante as denuncias falsas e infundadas presentadas pola empresa mineira contra Ecoloxistas en Acción, como parte dunha campaña de acoso xudicial que pretende silenciar as nosas protestas”, sinalaron os integrantes da plataforma mobilizados.

A concentración celebrouse no momento no que o director facultativo da mina, Iván Losada, estaba chamado a comparecer ante os Xulgados para ratificar a denuncia presentada por Tungsten San Finx, por un acto simbólico realizado o pasado 5 de xullo no que se taponou durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais.

Os representantes da plataforma mobilizados explicaron que a raíz da dita protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia, vense de iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Na vista tamén estivo presente o avogado de Ecoloxistas en Acción, que pediu ante a xuíza instrutora “o arquivo da causa e a imposición de costas á empresa”, lembrando que esta “vén facendo un uso sistemático de denuncias falsas”. E engadiu: “Xa en 2017 interpuxera denuncias similares contra outras dúas organizacións ecoloxistas, logo de que estas alertaran á administración de ilegalidades cometidas pola empresa”.

Para Ecoloxistas en Acción, “isto non é máis do que unha tentativa desesperada da empresa de calarnos a través dunha acción xudicial contra a participación pública”, coñecidas como “SLAPP” en inglés. Por este mesmo motivo, puxeron o caso en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que abriu un procedemento e trasladará os feitos á Embaixada de España ante a ONU en Xenebra.

Paralización do vertido

Durante a concentración, os portavoces da Plataforma, Joám Evans e Rogelio Santos, tamén cargaron contra Xunta, demandando que paralice o bombeo de case mil millóns de litros de augas contaminadas con metais pesados que irían a parar á ría de Muros e Noia, a tan só sete quilómetros da mina.

Lembrando que a autorización de vertidos “foi ilegal de por si”, indicaron que “os reiterados incumprimentos de prazos pola empresa é motivo máis que suficiente para dar carpetazo a un proxecto que carece de avaliación de impacto ambiental e que causará enormes prexuízos ás millares de familias que dependen do marisqueo na comarca”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.