O PSOE provincial di que os Orzamentos da Xunta para 2024 só benefician aos concellos do PP

26 Outubro 2023

 

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña realizou en rolda de prensa a súa valoración dos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2024. No acto participaron o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, o secretario de Organización na provincia, Diego Fernández López, e o membro da executiva provincial Aitor Bouza Manso. Fernández Piñeiro comezou a súa intervención sinalando que o documento “non pode ser máis desolador, posto que sofre das mesmas eivas dos orzamentos de anos anteriores, que demostraron ser inútiles para dar solucións aos problemas da cidadanía da provincia”.

E engadiu: “Hai unha clara vontade partidista de realizar a maioría dos investimentos en concellos gobernados polo PP, a pesares de que só ostenta a alcaldía en 34 dos 93 concellos da provincia, desprezando aos 59 restantes”, denuncia o secretario provincial.

O socialista recalca que “estes recursos, que saen dos impostos da veciñanza de todas as vilas da provincia, están repartidos maioritariamente alí onde goberna o PP, demostrando que a Xunta non goberna para todos e para todas”.

Fernández Piñeiro sinalou tamén que “a Xunta vende fume unha vez máis consignando partidas irrisorias para cubrir o expediente, como no caso da VAC da Costa da Morte ao seu paso de Vimianzo e Zas ten asignados só 2 millóns de euros, cando, como ben sabemos, esa cantidade é totalmente insuficiente”. Ao seu xuízo, “só poñen esa partida para vender fume, e, como pasou tantas veces, ficará sen executar porque os recursos son totalmente insuficientes”.

Fernández lembrou que “a Xunta aporta só 11,50€ á hora á atención ás persoas dependentes, cando o servizo adxudícase entre 19 e 25€ á hora, un custo asumido polos concellos a pesar de que non lles corresponde”. “Está lastrando as nosas economías”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.