O PP de Ribeira, a través do concelleiro Manuel Vicente Reiriz Bretal, presentou unha pregunta para ser debatida no pleno da Corporación relativo á limpeza e mantemento a rede viaria municipal. O concelleiro critica que o Concello informase de 25 quilómetros de traballos de roza feitos, cando a parroquia de Artes está, dixo, “até a bandeira de maleza e herbas”. E engade: “Non hai mais que dar unha volta a redor da parroquia de Artes para ver esta realidade, tal e como se aprecia tamén nas fotos que acompañan a moción”. 
Na proposta o PP di que é especialmente o grave o caso da estrada principal de Artes, “onde non se pode camiñar polas
beirarrúas da vexetación que ten ao seu redor”.
Polo exposto, O Grupo Municipal do Partido Popular pregunta: “Cales son as razóns polo que non se fixeron as rozas nas beirarrúas da entrada xeral de Artes?”




