O III Magosto Arrancadeira da Pobra pon o foco na música e baile tradicional

23 Outubro 2023

O folclore galego converterase no eixo vertebrador do III Magosto Arrancadeira que organiza esta entidade coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da Deputación da Coruña e de Arousa North. Esta cita concentrarase no 4 de novembro, nun toldo situado na praza do Emigrante.

No acto de presentación celebrado este luns 23, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, agradeceu o labor do tecido asociativo e fixo fincapé na transcendencia da terceira convocatoria deste evento cultural.

En representación da Arrancadeira, a presidenta, Carla Brión, xunto coas integrantes Maribel Lojo e Eva Boo, detallou como será o transcurso da xornada.

O obradoiro O baile na comarca da Mahía marcará o inicio ás 18.30 horas. Para participar requírese a inscrición previa no enderezo electrónico arrancadeirapobra@hotmail.com.

Posteriormente, ás 19.30 horas, once agrupacións artellarán unha foliada: A Dorniña de Abanqueiro, Andavía, Arrancadeira, Caramiñas, Caraveiros, Nunca é Tarde, Os da Boina, Pedra da Aroña, Tahúme, Xiada e Luminaria e Ruadiña.

A música continuará a partir das 22.00 horas cos concertos de Lagharteiras e Os Campantes da Baña. Ao remate, haberá foliada libre.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.