O Día das Bibliotecas conmemórase na Pobra cunha sesión de contacontos

20 Outubro 2023

As crianzas da Pobra do Caramiñal teñen a oportunidade de asistiren na vindeira semana a unha sesión de contacontos que terá lugar na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Esta actividade desenvolverase no 24 de outubro, ás 18.00 horas, para conmemorar o Día das Bibliotecas, tal e como apunta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen engade que este tipo de accións “buscan inculcar o hábito lector en idades temperás ao tempo que se lles ofrecen propostas lúdicas adaptadas ás particularidades do outono e do inverno”.

Contoaventuras: a fascinante historia do libro ofrece unha viaxe que arranca en Exipto coa visita a unha pirámide, o encontro cunha momia, o descubrimento do segredo dun cofre e a maxia de Isis… O periplo avanzará ata rematar nun castelo medieval na procura dun dragón a quen lle interesa escoitar contos do mesmo xeito ca a outras moitas criaturas fantásticas.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...