O Concello de Boiro impartirá cursos AFD en bar e cafetería, cociña e atención sociosanitaria no domicilio

06 Outubro 2023

O Concello de Boiro vai impartir tres accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024. Os cursos que se levarán a cabo van ser de Servizos de bar e cafetería, de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e de Cociña.

O obxectivo destas accións formativas é “mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras” e “reforzar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidades de adaptación os cambios dos sectores produtivos e á inserción laboral”.

Os certificados de profesionalidade que se van impartir son os de Servizos de bar e cafetería, de 658 horas de duración; Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, de 618 horas de duración; e Cociña, de 828 horas de duración.

“A solicitude destas familias formativas nace demandas dos sectores que teñen unha maior demanda de man de obra cualificada no noso municipio e na nosa comarca”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

En todos os cursos levarase a cabo un módulo transversal de Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero, un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica e manipulador de alimentos. Todas as accións formativas contan con prácticas profesionais non laborais en empresas.

Para levar a cabo estas propostas formativas o Concello de Boiro recibe da Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia una subvención por importe de 221.409,30 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...