O Concello de Boiro executa beirarrúas e mellora a iluminación pública do parque empresarial

11 Outubro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste mércores 11 de outubro o Polígono Industrial de Espiñeira para coñecer o termo das obras de mellora da infraestrutura e alumeado. As actuacións executadas, explicaron, contan co financiamento da Consellería de Economía, Industria e Innovación mediante unha subvención destinada á habilitación e mellora dos parques empresariais de Galicia.

Por unha banda leváronse a cabo traballos para a mellora da infraestrutura viaria no interior do parque empresarial, para o que se realizou un pavimentado con formigón de 1.665 metros cadrados de beirarrúas. Unhas actuacións que ascenden a un importe de 77.951,52 euros e coas que se logra aumentar a seguridade viaria no Polígono Industrial.

As outras actuacións que se executaron son as de mellora da iluminación, un proxecto de 59.510,15 euros co que se substituíron as luminarias antigas do alumeado público por unhas de tipo LED co obxectivo de unificar a iluminación do Polígono e lograr unha maior eficiencia enerxética ademais de mellorar a visibilidade no parque empresarial.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.