O Concello de Boiro convoca oito prazas de persoal na Oferta de Emprego Público para 2023

04 Outubro 2023


O Concello de Boiro aproba a Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2023 mediante a que se convocan oito prazas, seis de persoal funcionario e outras dúas de persoal laboral. Os procesos selectivos comezarán a convocarse nas vindeiras semanas.

Entre as prazas de persoal funcionario que se van convocar está a de técnico de contratación, unha praza da categoría da escala de administración xeral – Técnica Superior A1 que se fará por quenda libre. Tamén por quenda libre se convocan tres prazas de policía da escala Administración especial – Servizos Especiais C1.

Por mobilidade convócase unha praza de policía e outra de oficial de policía, as dúas de subgrupo C1. “O noso obxectivo é que as prazas do corpo da Policía Local incluídas na OPE se convoquen logo da sinatura do convenio coa administración autonómica para que os procesos selectivos se leven a cabo mediante a AGASP e o proceso sexa máis rápido e sinxelo”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

En canto ao persoal laboral que se inclúe nesta Oferta de Emprego Público está unha praza de educador/as familiar a tempo completo do subgrupo A2. Tamén se convoca unha de conserxe para persoal con discapacidade a tempo completo e do subgrupo C2.

“A escaseza de persoal é un problema latente no noso Concello, por iso queremos comezar canto antes os procesos selectivos para cubrir estas prazas o antes posíbel e garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais e a atención á veciñanza”, afirmou a concelleira delegada de Persoal, María Outeiral.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...