O Concello da Pobra e Enraizando incrementan os servizos destinados ás persoas vulnerábeis

30 Outubro 2023

A Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal incrementa os servizos dirixidos á comunidade. Faino a través do programa habilitado coa cooperativa Enraizando, posto en marcha en 2021 e focalizado no acompañamento individual e familiar a persoas en situación de vulnerabilidade que, dende o mes de setembro, amplía o número de horas de atención e persoal grazas ao outorgamento dunha subvención por parte da Deputación da Coruña.

Aos educadores sociais incorpóraselles unha psicóloga sanitaria, Laura Lago, quen realizará un acompañamento emocional e accións cun carácter psicoterapéutico como, por exemplo, grupos de apoio a través do ioga, pois tamén é instrutora desta disciplina.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, valora moi positivamente este programa do que destaca que “é moi apegado á rúa, vivo e que responde ás necesidades que cada persoa poida ter.” O obxectivo é lograr unha integración real das persoas en situación de vulnerabilidade mediante unha atención psicosocial e apoio para contribuír a que poidan cubrir as súas necesidades no seu propio contorno e contexto, evitando así situacións de illamento ou marxinación. Cóntase así cun itinerario deseñado especificamente para cada situación, para cada persoa e que se desenvolve no seu medio máis achegado.

Máis información no teléfono de contacto do Departamento dos Servizos Sociais: 981832764.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.