O Concello da Pobra achega novas actividades de sensibilización sobre a saúde mental

19 Outubro 2023

A xornada celebrada en verán na que o persoal dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal e dos ámbitos sanitario e educativo do concello participou nunha xornada formativa sobre saúde mental, vaise complementar agora con iniciativas dirixidas a toda a cidadanía, segundo explicou ante os medios, este xoves 19 de outubro, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, xunto coa educadora familiar do Concello, Lidia Martínez, coa finalidade de “sensibilizar sobre un tema que atinxe toda a sociedade, especialmente cando de xeito global se tende máis ao individualismo e cando se deixa de lado o espírito de comunidade, polo cal se producen, en moitos casos, situacións de illamento social”.

A integradora social de Andaina Pro Saúde Mental, Tania Lavandeira, impartirá no 24 de outubro, ás 19.30 horas, a charla Falamos? Desmontando mitos sobre a conduta suicida. Transcorrerá no Auditorio do Museo Valle-Inclán ao abeiro do programa integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en casos de risco de suicidio.

Doutra banda, a partir da próxima semana, a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí contará cun punto de lectura permanente composto por títulos para tódalas idades que abordan a saúde mental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.