O Club Deportivo Unión (Asados) enfróntase este domingo ao Dumbría nun encontro solidario co pobo saharauí

22 Outubro 2023

Este domingo o Campo Municipal de Fútbol de Vilas (Rianxo) vai acoller un encontro solidario en apoio do pobo saharauí e, máis concretamente, en apoio da asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), coa que colabora regularmente o Concello e a cidadanía de Rianxo, principalmente a través da iniciativa Vacacións en Paz (que permite que nenas e nenos que viven nos campamentos de persoas desprazadas de Tinduf, no deserto de Alxeria, a 50 graos de temperatura durante a época estival, poidan pasar o verán con familias de Rianxo). O partido enfrontará ao Club Deportivo Unión de Asados (Rianxo) co CF Dumbría. Será a partir das 17.30. Todo o recadado na billeteira a través das entradas solidarias irá destinado a fortalecer e apoiar o labor de SOGAPS.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...