O BNG de Dodro traslada ao Goberno local os problemas de varías vías no termo municipal

30 Outubro 2023

O BNG de Dodro recolleu ás solicitudes da veciñanza das aldeas máis afastadas do Consistorio para sinalizar en horizontal as vías de Bustelo, A Devesa, Teaio, Pexegueiro, Traxeito, Paizal e O Rialiño.

Ante a aprobación dos plans de obras da Deputación da Coruña, o BNG rexistrou o pasado 10 de outubro unha solicitude para que o Goberno local inclúa unha partida destinada a esas peticións veciñais.

“De momento o Plan Único da deputación achegáralle a Dodro 401.122,95 €”, explicou o BNG no seu comunicado, no cal o portavoz da agrupación nacionalista, Xoán Bautista Mariño, insiste ao Executivo do PSOE (en minoría) sobre a a urxencia de “ir repoñendo os números, nomes de rúas e prazas xunto con outros indicadores do concello por estaren en mal estado”. Para o cal o BNG indica ao Goberno a necesidade de “recorrer a todas as administracións públicas coa finalidade de mellorar a sinalización municipal tan necesaria e deteriorada polo paso do tempo como se comprometeu o alcalde no último pleno”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...