O alumnado do IES A Cachada inaugura na Casa da Cultura unha exposición sobre Fernández del Riego

10 Outubro 2023

A concelleira de Ensino de Boiro, Carmen Silva, participou este luns 9 de outubro na inauguración da exposición Vida e obra de Francisco Fernández del Riego e que se poderá visitar durante o mes de outubro na Casa da Cultura de Boiro. A mostra está realizada polo alumnado de plástica do IES A Cachada e recolle a vinculación do autor homenaxeado nas Letras Galegas con Boiro.

A mostra está composta por diversos paneis elaborados polo alumnado de plástica de distintos cursos que recollen aspectos importantes da vida do autor como o seu activismo político, a súa obra, a súa relación coa lingua galega ou a súa vinculación con Boiro a través da figura de Ramón Martínez López.

Na inauguración da mostra, que se poderá visitar durante todo o mes de outubro na Casa da Cultura de Boiro, estiveron tamén profesorado e alumnado do centro.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...