Noia acolle esta “finde” a segunda fase da Categoría Rexional de Patinaxe

11 Outubro 2023

Esta fin de semana Noia converterase no epicentro da patinaxe galega. Os días 14 e 15 de outubro o Pavillón Municipal Agustín Mourís acollerá a segunda fase de Categoría Rexional, unha cita que traerá preto de 300 deportistas de todos os puntos de Galicia. O evento deportivo foi dado a coñecer onte polo Concello e o equipo responsábel do Club Noia Patín, a quen a concelleira Laura Salgado agradeceu o seu excelente traballo en materia de organización e de promoción deportiva dos talentos locais, desenvolvendo un importante labor para “que a patinaxe, ano tras ano, sexa un deporte que medre”. E engadiu: “Queremos invitar a todos os veciños a que se acheguen ao pavillón a gozar do mellor da patinaxe”. Máis información no Facebook do Club Noia Patín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.