“Navantia participará na construción da Corbeta de Patrulla Europea, de 110 metros de eslora”. Antón Luaces

28 Outubro 2023

Antón Luaces

A empresa naval española Navantia, a italiana Fincatieri e a francesa Naval Group -tres das maiores do cpntinente europeo- son as encargadas de construir a Corbeta de Patrulla Europea (CPE), buque multipropósito  cun valor total, en primeira fase, de 87 millóns de euros. Deste proxecto encárgase un consorcio formado polas xa citadas tres industrias navais, a sociedade francoitaliana Naviris, e outros beneficiarios como son Dinamarca, Grecia e Noruega.
A Comisión Europea (CE), a través do Fondo Europeo de Defensa, apoia firmemente este proxecto que a propia CE cofinanciará con 60 millóns de euros. Outros 27 millóns serán aportados polos Estados membros da UE Italia, Francia, España, Dinamarca e Grecia, xunto con Noruega. A OOCAR (Organización para a Cooperación en Materia de Armamento) asinaron o pasado martes en Roma os documentos contractuais do proxecto e xestionarán todo o programa,
Polo que trascendeu ata o de agora, o buque, monocasco, terá unha eslora de 110 metros e 5 de calado. O seu desprazamento está fixado en 3.500 toneladas, con velocidade de ata 24 nós, e disporá dunha dotación de aproximadamente 100 tripulantes. Contará cunha cuberta de voo e un hangar para un helicóptero lixeiro, e poderá operar drons de ala fixa rotatoria.
Este buque substituirá en España a catro patrulleiros da clase Serviola actualmente en servizo ,  e os patrulleiros Infanta Elena e Infanta Cristina, que xa causaron baixa.
O programa de construción deste tipo de buque incide na cooperación de defensa europea  e o seu obxectivo, a máis de contribuir á soberanía europea no ámbito dos buques de segunda liña, é o de  afortalar a industria aumentando a eficiencia e reducindo os retrasos para pasar da necesidade militar á entrega ás Armadas.
A Corbeta de Patrulla Europea é un buque intelixente, asequible, sostible, interoperable e flexible, deseñado para cumprir cunha ampla gama de misións e evolucionar constantemente.
Para España é un navío que é quen de realizar misións de vixilancia e patrullaxe a longas distancias sen chegar á blindaxe e os sistemas de armas dunha fragata, pero dotado de sistemas defensivos e ofensivos avanzados. Terá autonomía para 8.000 millas (uns 45 días de navegación a 14 nós)  a medio gas, e velocidade máxima de 24 nós.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.