“Medio século de radio que foi posible grazas á audiencia”. Antón Luaces

24 Outubro 2023

Ben se sabe: a radio libre non foi posible na España de Franco. 

Máis sí o foi en boa medida grazas á radio que os oíntes contribuían a erguer cada mediodía de principios dos anos 70 do século pasado, con Franco vivo, xogando aínda ao golf nos coruñeses campos da Zapateira e a súa filla e netos ocupando porque sí a praia de Bastiagueiro, pechada esta ao público e coas Garda Civil vixilante nas pfoximidades. Era a radio que non esquecía o “parte”, de obrigada emisión tanto na pública coma na privada, do mesmo xeito que obrigado era para os cines poñer en pantalla as irrealidades dun país que se conxuraba no NO-DO contra o cheiro xudeo-masónico e sacaba en procesión, baixo palio, a quen fora unxido anos antes Caudillo de España pola Graza de Deus. 

Eran, aqueles, tempos nos que radiofonistas e xornalistas sen medo dicían  e escribían as verdades de aquel país que derrubaba sedes de xornais e agrilloaba a quen supostamente eran republicanos, comunistas ou, simplemente, “roxos”. Non importaba que os que pasaban polo TOP (Tribunal de Orde Pública) nen sequera fixeran a guerra civil ou naceran na posguerra. Eran “roxos” e ser “roxo” era un delicto na España das mentiras que era unha, grande e libre. 

Nesa España dos 70 -máis concretamente do 73- unha emisora absolutamente privada -tiña dono de seu, a familia Hervada- un vilanovense afeito a mergullar nas mesmas augas arousáns que contemplou mil e unha veces don Ramón María del Valle Inclán, deu unha volta ao veo, e puxo na antena de Radio Coruña, E.A.J.41, Cadena SER un “invento” que a audiencia desa emisora coruñesa viña reclamando con insistencia. 

O “inventor”, o “patrón” dese barco radiofónico que nunca quedou ao garete, Cándido Barral, tiña no lombo as cunchas do cerne das emisoras da COPE: Radio Vilanova, emisora parroquial, onde se amamantou baixo corda, porque Cándido sempre foi un republicano e nunca abxurou do seu pensamento comunista.

Estes días Radio Coruña, da man de Isabel Bravo -unha brava xornalista- conmemora os primeiros 50 anos do invento de Barral: “El coruñés opina”, hoxe en día “A Coruña opina”.  Días mellores ou piores, como todos, o programa-invento largou velas cara o mar da ría coruñesa a escasos 150 metros dos estudos de Radio Coruña, e a todo trapo, o galeón engade anos ao seu sinal no dial do receptor de radio para proclamar en quilociclos a liberdade gañada a pulso xusto desde que o xeneral nacido en Ferrol  comezaba a sentir que o seu debilitaba e, malia todo, aínda asinou ordes de execución contra persoas cuxo único delicto fora non ser franquistas. 

Nese “tempo” tocou a súa melodía de radio liberdade Cándido Barral. Noutro novo “tempo”, Isabel Bravo, capitana intrépida do mesmo barco deseñado por Cándido -a quen sempre chamei “Canucho”, como tradicionalmente se denominaba na ría de Arousa aos que se bautismaban Cándido- capìtanea este coa maxia da verba xusta, a valoración axeitada e a posta en escea que mellor cadra ao asunto a debate.

Con programas como “El coruñés opina” caeron moitas arañeiras en España. Outras quedan, máis xa non tés sobre as túas costas esa espada de Damocles que moitos tivemos e que foi o TOP anteriormente citado. 

Grazas, Canucho, por abrir camiño. Grazas, Isa, por continualo. Grazas, audiencia de EAJ.41, por seguilo e que os coruñeses de dentro e de fóra sigan a opinar, para que nunca máis se pechen as portas da radio.

…

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.