Máis de duascentas crianzas participaron no obradoiro de conciliación do verán Móvete da Pobra

16 Outubro 2023

O Concello da Pobra (Concellería de Igualdade) fixo balance da actividade e da participación xerada pola nova edición dos obradoiros Móvete, celebrados este verán para favorecer a conciliación; unha prestación que, a maiores, posibilitaba acceder aos servizos de Madruga e Comedor. Novamente, a acción focalizouse no CEP Salustiano Rey Eiras con escolares con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Respecto das cifras xeradas pola nova edición deste campamento, beneficiáronse del duascentas familias, principalmente da propia localidade, pero tamén doutros municipios limítrofes; e contou coa participación de 243 crianzas no total, ao longo de todo o período das vacacións (203 da Pobra, 24 de Ribeira, 7 de Boiro, 3 de Porto do Son e 6 doutros municipios).

A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, apunta que se constatou “a repercusión deste servizo municipal na súa contribución a compatibilizar a vida persoal e laboral de mulleres e homes durante o verán” e reiterou o compromiso da Administración local a este respecto. Neste senso, lembrou os obradoiros de conciliación promovidos nos días non lectivos e o Servizo de Madruga durante o curso escolar, así como a continuidade do Espazo de Coidados Corresponsables nas tardes de luns a venres durante o curso 2023-2024.

A concelleira Estefanía Ramos nunha imaxe de arquivo

Ademais, o campamento Móvete contou novamente con monitorado especializado que impartiu actividades de carácter recreativo e integrador no eido deportivo, artístico e da igualdade: festas temáticas, populares, charlas, diferentes disciplinas deportivas, encontro interxeracional co centro de día da localidade, xornada de inclusión coa asociación Ambar, saídas á praia, xogos de auga, sesións de contacontos, monicreques, pallasos ou maxia, entre outras propostas, sempre con perspectiva de xénero.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.